martes, 11 de noviembre de 2008


A BIBLIOTECA do I.E.S. Maximino Romero de Lema en BAIO comeza a publicación do seu BLOG, hoxe, día 11 do 11 do 2.008. Aquí teremos as novas máis novas, a poder ser, de cantas se produzan na nosa Biblioteca, que polo que indicamos pretende ser a BIBLIOTÚA.
Xa empezamos a desenvolver actividades dentro da Biblioteca e sacamos as actividades para fóra do Centro. A primeira, a máis fundamental:
FORMACIÓN DE USUARIOS, feita nas primeiras semanas de curso, dentro da Biblioteca, claro está. Empregamos as horas de lecer dos alumn@s e mais as horas de titoría para ensinarlles aos máis novos no noso Centro o funcionamento e localización de volumes. A formación de usuarios contaba con actividades de busca de volumes e uso das novas tecnoloxías. Lembramos que a nosa Biblioteca ten ao alcance dos alumn@s uns ordenadores que poden utilizar na busca de información de todo tipo.

ACTIVIDADES A FACER:

LOCALIZA OS SEGUINTES LIBROS:

GREEN PLANET

METAMORFOSIS

LES CARNETS DU MAJOR THOMPSON

¿DONDE ATOPARÍAS A SEGUINTE INFORMACIÓN?

INFORMACIÓN: MADRID

INFORMACIÓN: TOUR MONTPARNASSE


Tamén se elaborou, desde a Biblioteca, o BLOG do Club de Lectura "MAROLE".
A súa dirección é: http://clubdelecturamarole.blogspot.com/